#ligamakerdrone

Liga Maker Drone

Unha actividade de formación diferente
PREPARÁDEVOS PARA VOAR! Presentación

Benvidos á LIGA MAKER DRONE, a primeira competición escolar en España que propón o reto de deseñar e programar un sistema dron para solucionar un problema social actual.

A LIGA MAKER DRONE celébrase anualmente, desde principios de outubro ata principios de maio do ano seguinte. Os 18 equipos de 2º da E.S.O. participantes enfrontaranse a un reto tecnolóxico que poñerá a proba a súa creatividade, enxeño e capacidade para traballar en equipo.

A participación na LMD é de balde e supón unha dedicación mínima de 30 horas, distribuídas entre formación tutelada e traballo autónomo do equipo. A Organización proporcionará a cada equipo dous kits dron, ademais da formación, o apoio e os recursos necesarios para deseñar e pilotar o dron. É unha competición de drons única en Galicia.

PARTICIPAR NA LIGA MAKER DRONE TEN MOITAS VANTAXES

Esperta a túa curiosidade tecnolóxica dun xeito lúdico e divertido.

ACTIVIDADE GRATUÍTA

Actividade gratuíta, con prazas limitadas a 18 centros educativos de Galicia. Preinscrición previa obrigatoria.

FORMACIÓN TECNOLÓXICA

Formación sobre electrónica, programación, manipulación de ferramentas e funcionamento de mecanismos (6 horas, en 3 sesións).

ADESTRAMENTO EN PILOTAXE

Formación práctica de voo (8 horas, en 4 sesións), incluíndo operacións de seguridade e manexo do dron.

KITS DRON GRATUÍTOS

Entrega gratuíta dun dron SYMA X5-C para realizar prácticas de voo e un dron F-450 para empregar na Xornada de Exhibición

AXUDA COMPRA DE MATERIALES

Asignación monetaria para mercar os materiais necesarios para a construción da solución ao reto da edición.

AXUDA AO DESPRAZAMENTO

Concesión de axudas ao desprazamento a aqueles centros localizados fóra da cidade de A Coruña que así o soliciten.

SOPORTE TÉCNICO

Seguimento continuo, presencial e telemático da evolución dos traballos, así como atención a consultas e resolución de incidencias.

DIPLOMAS DE PARTICIPACIÓN

Entrega de diplomas aos participantes e un trofeo conmemorativo da LIGA MAKER DRONE ao equipo gañador da edición.

REGALOS PARA GAÑADORES

Entrega de medallas e regalos aos gañadores da edición. Os gañadores do resto de categorías recibirán tamén unha medalla e un regalo.

Calendario

2025-2026
01 Benvida a docentes 16 de outubro de 2025

Sesión en liña de presentación da LIGA MAKER DRONE aos docentes coordinadores dos equipos (1 hora)

02 Xornada de presentación 30 de outubro de 2025

Benvida oficial aos equipos e presentación do reto da edición, con demostracións e obradoiros de voo de drons aéreos e terrestres, creación dixital e impresión 3D, realidade virtual e programación de robots (3 horas)

03 Sesión de introdución á pilotaxe de drons Do 3 ao 31 de novembro de 2025

Formación sobre o uso, montaxe e mantemento dun dron, así como a normativa en materia de seguridade, con exercicios prácticos de deseño de solucións e de adestramento en voo (2 horas)

04 Entrega do deseño 24 de novembro de 2025

Data límite para entregar o deseño preliminar da solución ao reto da edición

05 Formación tecnolóxica Do 24 de novembro ao 27 de febreiro de 2026

Tres sesións formativas sobre materiais e a súa fabricación, mecatrónica e sistemas avanzados (8 horas, distribuídas en 4 sesións)

06 Adestramento en voo Do 2 de marzo ao 24 de abril de 2026

Tres sesións de prácticas de voo dun dron F-450 (6 horas, distribuídas en 3 sesións)

07 Entrega da solución 23 de marzo de 2026

Data límite para entregar o sistema deseñado para resolver o reto da edición.

08 Entrega da ficha resumo 24 de abril de 2026

Data límite para o envío da ficha resumo da solución.

09 Reunión previa á competición 29 de abril de 2026

Sesión en liña informativa cos docentes para repasar o regulamento, aclarar dúbidas sobre a competición e asignar os grupos de cada rolda eliminatoria mediante sorteo.

Xornada de Exhibición 8 de maio de 2026

Celebración da final da LIGA MAKER DRONE coa demostración das solucións tecnolóxicas propostas polos equipos.

Detalles da competición Xornada de exhibición

A LIGA MAKER DRONE remata coa celebración da Xornada de Exhibición, un evento de balde e aberto a toda a comunidade educativa onde os equipos realizarán as demostracións dos sistemas dron deseñados para resolver un reto tecnolóxico que poñerá a proba a súa creatividade, enxeño e capacidade para traballar en equipo.

Durante a Xornada de Exhibición, os equipos dividiranse en grupos para disputar de xeito simultáneo unha fase previa eliminatoria. O equipo que consiga completar a misión definida no reto no menor tempo posible proclamarase campión da LIGA MAKER DRONE. Ademais, un xurado especializado de expertos en tecnoloxía e innovación premiará aos equipos que realicen o mellor deseño, a solución máis disrutiva, a mellor pilotaxe e a mellor presentación. A Xornada de Exhibición é o broche de ouro da LIGA MAKER DRONE.

DESCARGA O REGULAMENTO DA EDICIÓN 25/26 DOCUMENTO OFICIAL COMPLETO EN PDF
MINIMIZAR ACCIDENTES LABORAIS EN TRABALLOS EN ALTURA: O RETO DOS PARTICIPANTES DA V LIGA MAKER DRONE 31/10/2025

A Coruña, 30 de outubro de 2025. A Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG presentaron esta mañá o reto ao que se terán que enfrontar os participantes da V Liga Maker Drone: deseñar e construír un sistema dron para levar a cabo tarefas de mantemento en altura que supoñen un risco para a vida das […]

Seguir lendo
O CPR MONTECASTELO GAÑA A IV LIGA MAKER DRONE DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O CENTRO TECNOLÓXICO ITG 23/05/2025

A Coruña, 22 maio de 2025. Deseñar, programar e voar un sistema sobre un dron para o transporte inmediato de medicinas a medios rurais ou de difícil acceso. Ese foi o reto que tiveron que superar os máis de 180 estudantes participantes da IV Liga Maker Drone, impulsada pola Fundación Barrié e polo centro tecnolóxico ITG. A […]

Seguir lendo
Presentación reto IV LMD
A IV Liga Maker Drone plantexa a estudantes de toda Galicia o reto de transportar medicinas mediante o desenvolvemento dun sistema dron 30/10/2024

A Coruña, 30 de outubro de 2024. Os 180 alumnos de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) seleccionados en toda Galicia para participar na IV Liga Maker Drone, coñeceron esta mañá o reto plantexado polos promotores desta iniciativa, Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG: o desenvolvemento dunha solución de dron que permite o transporte […]

Seguir lendo
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS! RECIBE ALERTAS DA LIGA MAKER DRONE

A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO

Organizadores

Fundación Barrié

A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

Instituto Tecnológico de Galicia

ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.

LIGA MAKER DRONE (C) 2022. | AVISO LEGAL | POLÍTICA DE COOKIES | POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Resumo de privacidade
Liga Maker Drone

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender as seccións da web que che resultan máis interesantes e útiles.

Cookies estritamente necesarias

As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardas as túas preferencias de axustes de cookies.

 

Cookies de terceiros

Esta web emprega Google Analytics para recompilar información anónima, como o número de visitantes do sitio ou as páxinas máis populares.

Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.