#ligamakerdrone

QUE É A LIGA MAKER DRONE?

Para estudantes de 2º de ESO

A Fundación Barrié e a ITG Centro Tecnolóxico presentan a LIGA MAKER DRONE, unha competición pioneira en España que ten como finalidade estimular a creatividade e o interese pola tecnoloxía entre a mocidade galega.

A LIGA MAKER DRONE celébrase anualmente entre o mes de outubro e principios do mes de maio do ano seguinte. Nesta edición, 18 equipos integrados por estudantes de 2º ESO enfrontaranse ao reto de deseñar, programar e voar un dron capaz de resolver un problema social no menor tempo posible e co maior grao de eficacia. A Organización facilita os sistemas dron, así como a formación e orientación necesarias para construír e pilotar a solución tecnolóxica ao reto da edición.

A tecnoloxía de drons está a revolucionar o xeito de resolver moitos problemas sociais e medioambientais da nosa sociedade. Queres formar parte desta revolución?

DESCARGA O REGULAMENTO DA EDICIÓN 25/26 DOCUMENTO OFICIAL COMPLETO EN PDF

DETALLES DA COMPETICIÓN

Xornada de exhibición

A LIGA MAKER DRONE remata coa celebración da Xornada de Exhibición, un evento de balde e aberto a toda a comunidade educativa onde os equipos poñerán a proba a súa creatividade, enxeño e capacidade para traballar en equipo.

Durante a Xornada de Exhibición, os portavoces de cada equipo presentarán ao público o sistema dron deseñado para a resolución do reto. Ao rematar, darán comezo as probas. Os equipos dividiranse en grupos para disputar de xeito simultáneo roldas eliminatorias. O equipo que consiga completar o reto no menor tempo posible avanzará á seguinte rolda e así sucesivamente, ata proclamarse campión da LIGA MAKER DRONE. As solucións tamén serán valoradas por un xurado especializado de expertos en tecnoloxía e innovación que premiará o mellor deseño, a solución máis disrutiva, a mellor pilotaxe e a mellor presentación.

A Xornada de Exhibición é o broche de ouro da LIGA MAKER DRONE, na que se comparte a aprendizaxe e o entusiasmo dos equipos e se vive o mundo da tecnoloxía de xeito lúdico e entretido.

O CPR PLURILINGÜE MONTECASTELO GAÑA, POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO, A LIGA MAKER DRONE DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O CENTRO TECNOLÓXICO ITG 11/05/2026

A Coruña, 8 maio de 2026.  Deseñar, programar e voar un sistema sobre un dron para realizar tarefas de mantemento en altura e previr así accidentes laborais. Ese foi o reto que tiveron que superar os máis de 170 estudantes participantes da V Liga Maker Drone, impulsada pola Fundación Barrié e polo centro tecnolóxico ITG. Para […]

Seguir lendo
MINIMIZAR ACCIDENTES LABORAIS EN TRABALLOS EN ALTURA: O RETO DOS PARTICIPANTES DA V LIGA MAKER DRONE 31/10/2025

A Coruña, 30 de outubro de 2025. A Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG presentaron esta mañá o reto ao que se terán que enfrontar os participantes da V Liga Maker Drone: deseñar e construír un sistema dron para levar a cabo tarefas de mantemento en altura que supoñen un risco para a vida das […]

Seguir lendo
O CPR MONTECASTELO GAÑA A IV LIGA MAKER DRONE DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O CENTRO TECNOLÓXICO ITG 23/05/2025

A Coruña, 22 maio de 2025. Deseñar, programar e voar un sistema sobre un dron para o transporte inmediato de medicinas a medios rurais ou de difícil acceso. Ese foi o reto que tiveron que superar os máis de 180 estudantes participantes da IV Liga Maker Drone, impulsada pola Fundación Barrié e polo centro tecnolóxico ITG. A […]

Seguir lendo
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS! RECIBE ALERTAS DA LIGA MAKER DRONE

A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG Centro Tecnolóxico

Organizadores

A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxías diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído na Coruña en 1991, conta co recoñecemento estatal de excelencia Cervera e o seu director xeral ten presidido a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT) no período 2015-2022, entidade que representa a 52 centros e 9.500 empregados.

LIGA MAKER DRONE (C) 2022. | AVISO LEGAL | POLÍTICA DE COOKIES | POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Resumo de privacidade
Liga Maker Drone

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender as seccións da web que che resultan máis interesantes e útiles.

Cookies estritamente necesarias

As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardas as túas preferencias de axustes de cookies.

 

Cookies de terceiros

Esta web emprega Google Analytics para recompilar información anónima, como o número de visitantes do sitio ou as páxinas máis populares.

Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.