A LIGA MAKER DRONE diríxese ao alumnado matriculado, durante o curso 2026-2027, en 2º ESO en calquera centro de ensino de Galicia (público, concertado, privado).
A participación é de balde e supón unha dedicación estimada de 50 horas, distribuídas entre actividade tutelada e traballo autónomo do equipo.
Os centros interesados en participar deben presentar a súa solicitude de preinscrición a través dun dos seus docentes, que actuará de coordinador do equipo e interlocutor coa Organización.
O prazo de preinscrición permanecerá aberto do 4 de setembro ata ás 13:00 horas do 25 de setembro de 2026.
As prazas están limitadas a 18 equipos e existirá unha lista de reserva con 5 equipos. Unha vez pechado o prazo de preinscrición, as solicitudes entrarán nun proceso de selección.
A Organización notificará o resultado da selección o 2 de outubro de 2026 por correo electrónico aos docentes preinscritos.
Os centros de ensino seleccionados deberán confirmar a súa participación ou renuncia á praza antes do 7 de outubro de 2026. Transcorrido o prazo sen que o centro seleccionado confirmase a súa participación, entenderase que renuncia á praza. No caso de se producir unha renuncia, a praza ofrecerase ao primeiro centro de ensino que figure na lista de reserva e así sucesivamente.
Os equipos terán un mínimo de 7 e un máximo de 10 integrantes, distribuídos entre 6-8 estudantes, un docente coordinador e un mentor, sendo este último de carácter opcional.
Os centros de ensino gozan de liberdade para elixir, segundo o seu criterio, os integrantes do equipo, favorecendo a participación de estudantes con perfís, intereses en niveis de coñecemento diversos.
O docente coordinador terá un rol activo, tanto durante a formación como no traballo autónomo do equipo. Entre as súas principais funcións destacan as seguintes:
- Actuar como interlocutor entre o centro educativo e a Organización, co compromiso de canalizar as comunicación a través da Plataforma Teams habilitada pola Organización.
- Colaborar coa Organización na recollida das autorizacións e consentimentos informados necesarios para o tratamento de datos persoais e a cesión e difusión dos dereitos de imaxe dos equipos.
- Coordinar coa Organización a planificación das visitas ao centro educativo para a realización das formacións previstas. facilitando os espazos e recursos necesarios e asistindo persoalmente ás sesión.
- Facilitar que os escolares dispoñan do tempo necesario para traballar na preparación do reto, levando a cabo unha labor de compaña e orienta, promovendo a aprendizaxe autónoma dos escolares e garantindo o cumprimento dos tempos establecidos nas diferentes fases de desenvolvemento da LMD.
- Garantir o correcto uso e manexo dos materiais por parte do equipo, cumprindo coas normas e medidas de seguridade establecidas pola Organización.
O mentor é unha figura opcional, que deberá tratarse dun estudante matriculado en 3º ou 4º de ESO, cuxo rol é servir de guía e apoio ao equipo, proporcionando os coñecementos e as experiencias complementarias que axuden o desenvolvemento do reto. A súa participación terá sempre carácter de apoio e asesoramento, sen substituír a participación activa dos integrantes do equipo en ningunha das fases de traballo no reto. O mentor poderá asistir á Exhibición Final en calidade de acompañante, mais non poderá participar activamente na competición.
Os centros de ensino deberán comunicar á Organización a composición definitiva do equipo antes do 15 de outubro de 2026.
8 DE OUTUBRO DE 2026
Sesión de benvida a docentes (horario de tarde)
15 DE OUTUBRO DE 2026
Xornada de presentación da LMD (horario de mañá)
DO 19 DE OUTUBRO AO 20 DE NOVEMBRO DE 2026
Sesión de introdución á pilotaxe de drons
23 DE NOVEMBRO DE 2026
Data límite para presentar o deseño preliminar do sistema dron
DO 23 DE NOVEMBRO AO 12 DE FEBREIRO DE 2027
Formación tecnolóxica
DO 15 DE FEBREIRO AO 23 DE ABRIL DE 2027
Adestramento no voo e titorización
12 DE MARZO DE 2027
Data límite para completar o sistema dron
23 DE ABRIL DE 2027
Data límite para o envío da ficha resumo da solución
29 DE ABRIL DE 2027
Sesión online informativa cos docentes sobre a competición
MAIO DE 2026
Xornada de Exhibición (horario de mañá)
A Organización propoñerá un tema que poida ser investigado desde diferentes puntos de vista, que resulte atractivo para os equipos e que supoña un reto social.
A fin de garantir a igualdade de condicións entre participantes, a Organización entregará a cada equipo dous kits dron ao inicio da formación: un modelo SYMA X5-C para levar a cabo as prácticas de voo e un modelo F-450 no que se instalará o sistema deseñado para resolver o reto. Ademais, a Organización asignará a cada equipo a cantidade máxima de 100 euros para a compra de materiais, que se aboará trala entrega da xustificación documental e sempre con carácter previo á data de celebración da Xornada de Exhibición.
A Organización recomenda unha dedicación de 25 horas ao desenvolvemento do sistema dron, se ben, igual que en calquera outra actividade, canta maior dedicación, maior será a probabilidade de obter mellores resultados.
Durante a fase de deseño e construción do dron, os equipos estarán en todo momento apoiados pola Organización, que realizará un seguimento continuo, presencial e telemático, para a resolución de dúbidas e a validación de solucións.
A data límite para completar o sistema dron é o 23 de marzo de 2026.
A formación tecnolóxica ocupa un papel fundamental: Máis do 50% da LIGA MAKER DRONE destínase a formación, tanto a docentes como a escolares, e estrutúrase nas seguintes sesións:
Ao inicio do curso escolar, a Organización programará con cada equipo unha visita ao centro educativo para impartir unha sesión de introdución á pilotaxe de drons, na que se abordará a formación teórica sobre os compoñentes dun dron e a normativa en materia de seguridade e exercicios prácticos sobre deseño, construción e pilotaxe dun dron (2 horas).
Unha vez revelado o reto da edición, a Organización imparte tres sesións formativas teóricas presenciais, de dúas horas de duración cada unha, sobre: materiais e fabricación, mecatrónica e sistemas avanzados, co obxectivo de dotar os equipos das nocións básicas para o deseño e programación dun sistema operado por un dron que permita resolver o reto (6 horas)
Ademais, a Organización imparte prácticas de voo para o piloto que designe o equipo. As prácticas de voo realizaranse en tres sesión presenciais de 2 horas de duración.
Durante o transcurso da LIGA MAKER DRONE, os equipos dispoñerán de dous kits dron (un modelo SYMA X5-C para levar a cabo as prácticas de voo e un modelo F-450 no que se instalará o sistema deseñado para resolver o reto) e recibirán unha asignación monetaria de máximo 100 euros para a compra dos materiais necesarios para a construción da solución ao reto.
A Organización tamén proporcionará recursos e soporte técnico (presencial e telemático) para a resolución de dúbidas ou problemas que se poidan presentar tanto a equipos como a docentes. O soporte técnico realízase de maneira continua, de xeito presencial e telemático, a través de correo electrónico, teléfono e área privada da LIGA MAKER DRONE. O horario de atención será de luns a venres de 09:00 a 17:00 horas.
Os equipos terán a oportunidade de realizar as demostracións dos sistemas dron deseñados para resolver o reto tecnolóxico da edición na Xornada de Exhibición, un evento de balde e aberto a toda a comunidade educativa (compañeiros de distintos cursos, corpo docente, familias, etc.) no que se comparte a aprendizaxe e o entusiasmo dos equipos e co que remata a LIGA MAKER DRONE.
Durante a Xornada de Exhibición, dous voceiros elixidos polo equipo presentarán publicamente o sistema dron deseñado para resolver o reto. A presentación, oral e en directo, terá unha duración máxima de 1 minuto. Rematadas as presentacións, os equipos dividiranse en grupos para disputar de xeito simultáneo unha fase previa eliminatoria. O equipo que consiga completar o reto no menor tempo posible avanzará á seguinte rolda e así sucesivamente, ata proclamarse campión da competición. En caso de empate, o campión determinarase baseándose nos criterios técnicos estabelecidos nas bases do reto que se entregarán na Xornada de Presentación da Liga, así como no cumprimento dos calendarios de entrega do deseño preliminar e da solución final.
As solucións tamén serán valoradas por un xurado de expertos en innovación de recoñecido prestixio nos eidos académico e empresarial segundo as seguintes categorías:
- Mellor deseño, baseándose na optimización do deseño segundo os requisitos técnicos especificados.
- Solución máis disrutiva, baseándose na creatividade e innovación.
- Destreza en voo, baseándose na destreza do piloto.
- Mellor presentación, baseándose na claridade e creatividade na exposición da solución ao reto.
As prácticas de voo requiren ser planificadas e realizadas de xeito seguro. O coordinador do equipo será responsable de garantir que as prácticas sempre se realicen nun recinto pechado, tipo pavillón ou similar, no que non exista presenza de persoas alleas ao equipo. A zona de engalaxe do dron deberá estar delimitada por un espazo ao que só poderán acceder o piloto e os membros do equipo que estean estritamente relacionados co voo. Está terminantemente prohibido pilotar os drons en espazos exteriores non cubertos.
Durante as prácticas de voo poden presentarse riscos de impacto contra persoas e obxectos.
En tódolos casos nos que non estea presente a Organización, as prácticas de voo levaranse a cabo co dron SYMA X5-C, respectando en todo momento as medidas de seguridade indicadas no parágrafo anterior.
As hélices do dron supoñen o principal risco de corte, tanto para o piloto como para terceiros, especialmente cando o dron estea en movemento. Por iso, a Organización entregará o modelo F-450 sen hélices, que instalará unicamente para impartir as sesións de adestramento en voo. Queda terminantemente prohibido pilotar o dron F-450 sen estar presente un membro da Organización.
Por motivos de seguridade, os sistemas dron modelo F-450, así como a batería, o cargador, a emisora e o simulador que se entregan conxuntamente serán devoltos á Organización ao finalizar a Xornada de Exhibición seguindo as indicacións establecidas.
Os centros educativos que incumpran as normas de seguridade estabelecidas neste regulamento, así como aquelas indicadas pola Organización, serán automaticamente expulsados da LMD, sen excepción.
A Organización entregará a tódolos integrantes dos equipos un diploma de participación na LIGA MAKER DRONE.
O equipo que se proclame campión da competición obterá un trofeo e cada un dos seus membros recibirá unha medalla e un premio.
Os membros dos equipos gañadores das categorías valoradas polo xurado de expertos recibirán unha medalla e un regalo.
A participación na LIGA MAKER DRONE supón a plena aceptación deste regulamento e demais normas aplicables.
A Organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista neste regulamento, así como para modificalo e interpretalo durante o transcurso da LIGA MAKER DRONE.
A Organización resérvase o dereito de cancelar, suspender ou modificar a LIGA MAKER DRONE ante circunstancias que, a criterio da Organización, así o xustifiquen. O exercicio deste dereito en ningún caso permitirá reclamación algunha por parte dos participantes.
A Organización resérvase o dereito de descualificar aquel equipo que altere, prexudique ou ameace de calquera xeito o bo desenvolvemento da LIGA MAKER DRONE. Así mesmo, quedará descualificado aquel equipo que, de xeito inconsciente ou intencionado, incumpra as medidas de seguridade e/ou prexudique ou dane a imaxe da Organización, o Xurado e/ou calquera outro equipo.
Para máis información sobre a LIGA MAKER DRONE, pode consultar a sección «Preguntas frecuentes» ou contactar coa Fundación Barrié a través de educacion@fbarrie.org ou do 981 221 525.
Preguntas frecuentes
TES ALGUNHA DÚBIDA?Poderán participar na liga MAKER DRONE os alumnos matriculados en 2º de Educación Secundaria Obrigatoria durante o curso 2026-2027 en calquera centro educativo de Galicia, xa sexa público, concertado ou privado.
A preinscrición na liga Maker Drone realizarase a través do formulario dispoñible na súa páxina web.
Non. Para participar cómpre que un educador do centro se encargue da preinscrición.
Non. A participación está limitada a un único equipo por centro educativo.
Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, a Organización seleccionará os centros participantes atendendo a criterios obxectivos como:
• A integración das TIC no centro educativo.
• A formación, experiencia e motivación do profesor-coordinador en áreas relacionadas coa tecnoloxía, drons, robótica, electrónica e programación.
• A dispoñibilidade de espazos e recursos necesarios para o desenvolvemento das actividades.
• A representatividade territorial e o equilibrio entre centros públicos, privados e concertados.
• A incorporación de centros que non participasen en edicións anteriores.
Formar parte da lista de reserva non garante a participación na liga MAKER DRONE. No caso de que algún equipo seleccionado renuncie a participar, a Organización contactará cos centros incluídos na lista de reserva seguindo a orde establecida, comezando polo primeiro equipo da lista e continuando sucesivamente.
Debido ao elevado volume de solicitudes recibidas, a Organización non poderá atender as peticións de información individualizada sobre solicitudes desestimadas.
Os centros educativos terán liberdade para configurar os equipos conforme o seu criterio, favorecendo a participación de estudantes con perfís, intereses e niveis de coñecemento diversos.
Os equipos participantes estarán formados por un mínimo de 7 e un máximo de 10 integrantes, distribuídos entre 6-8 alumnos, un docente-coordinador e un mentor, cuxa participación terá carácter opcional. Recoméndase esta composición para facilitar a distribución de tarefas necesarias para o desenvolvemento do reto, como a investigación, o deseño, a construción, a programación e a pilotaxe da solución.
A Liga Maker Drone concíbese para estudantes con diversas preferencias e intereses académicos, non necesariamente predispostos ás matemáticas, ás ciencias ou á tecnoloxía. O obxectivo é motivalos no exercicio das habilidades e principios básicos destas áreas. O docente que actúe como coordinador do equipo, porén, debe contar con nocións básicas en robótica educativa, programación, soldadura, electrónica e compoñentes varios. Tamén é recomendable, malia que non cómpre, que o piloto do equipo teña experiencia previa e/ou predisposición a manexar drons.
O mentor é unha figura opcional, cuxo rol será servir de guía e apoio ao equipo, proporcionando os coñecementos e as experiencias que, por razóns de tempo e/ou nivel educativo, o equipo non puido experimentar. O mentor non poderá ser un membro do equipo docente, senón un estudante matriculado en 3º ou 4º curso da E.S.O. O mentor poderá acompañar o equipo durante o proceso de deseño e montaxe do sistema dron, pero non poderá participar activamente na Xornada de Exhibición.
A inscrición definitiva dos equipos deberá formalizarse antes da celebración da Xornada de Presentación da LIGA MAKER DRONE.
No caso de que sexa necesario realizar algún cambio nos titulares do equipo, deberase notificar á Organización antes da data de inicio da formación tecnolóxica nos centros. Iniciadas as formacións non se poderán realizar cambios nos integrantes dos equipos polo que, no caso de que haxa baixas, reatribuiranse os roles entre os integrantes restantes. Calquera cambio na relación inicial de integrantes dos equipos debe ser comunicado á Organización.
Si, o coordinador do equipo debe ser profesor-titor da materia de tecnoloxía ou similar (robótica, programación, etc.) e contar con nocións básicas en robótica educativa, programación, soldadura, electrónica e compoñentes varios.
Esta actividade supón unha dedicación de 50 horas, distribuídas equitativamente entre actividade tutelada e traballo autónomo do equipo. O grao de implicación na supervisión e axuda aos seus alumnos na preparación do reto será decisión de cada educador.
Unicamente en casos debidamente xustificados e coa autorización previa da Organización poderá delegar a súa representación noutro membro do equipo docente.
O docente-coordinador debe ser un e estar debidamente identificado. El será o responsable do equipo e actuará de interlocutor coa Organización. No entanto, o docente-coordinador pode estar acompañado doutro docente nas sesións da LMD, aviso previo á Organización.
Si. A Organización poñerá a disposición dos equipos os recursos necesarios para o desenvolvemento da solución ao reto. Así mesmo, impartirá formación e acompañará o traballo desenvolvido nas aulas para dar apoio e atender as dúbidas dos equipos.
Os centros participantes deben facilitar as súas instalacións para realizar as xornadas previas á preparación do reto. O espazo requirido dependerá da tipoloxía da actividade, podendo ser preciso o uso da aula de tecnoloxía –ou similar– e dun espazo tipo pavillón deportivo cuberto.
Os centros participantes deben contar con medios para apoiar as explicacións, tipo encerado (dixital ou tradicional), así como medios para realizar proxeccións audiovisuais e conexión a Internet. Adicionalmente, requirirase acceso á plataforma “Teams”, desde a cal se realizarán comunicacións e entregas de documentación durante o transcurso da Liga.
A Organización proporcionará a cada equipo dous kits dron (un modelo SYMA X5C e un modelo F-450), así como a formación, asistencia técnica e os recursos necesarios para o desenvolvemento da solución ao reto, incluíndo apoio económico para a adquisición de materiais complementarios e facilidades para o desprazamento dos equipos.
A Organización entregará os kits dron ao comezar as formaciones.
Non, o manexo dos kits dron debe realizarse dentro do recinto escolar. O coordinador do equipo será responsable de garantir que as prácticas de voo sempre se realicen nun recinto pechado, tipo pavillón ou similar, no que non exista presenza de persoas alleas ao equipo. Está terminantemente prohibido pilotar os drons en espazos exteriores non cubertos. Os equipos deben estar acompañados en todo momento polo coordinador que conste na solicitude. O equipo que incumpra as normas de seguridade facilitadas pola Organización será automaticamente expulsado da LIGA MAKER DRONE, sen excepción.
Non. As hélices do dron supoñen o principal risco de corte, tanto para o piloto como para terceiros, especialmente cando o dron estea en movemento. Por iso, a Organización entregará o modelo F-450 sen hélices, que instalará unicamente para impartir as sesións de adestramento en voo. En tódolos casos nos que non estea presente a Organización, as prácticas de voo levaranse a cabo co dron SYMA X5-C, respectando en todo momento as medidas de seguridade indicadas no regulamento. Queda terminantemente prohibido pilotar o dron F-450 sen estar presente un membro da Organización. Os centros educativos que incumpran as normas de seguridade estabelecidas neste regulamento, así como aquelas indicadas pola Organización, serán automaticamente expulsados da LMD, sen excepción.
Si, a Organización proporciona soporte técnico de xeito presencial e telemático durante o transcurso da LMD.
A LIGA MAKER DRONE consta das seguintes fases:
- Sesión online de benvida aos docentes
- Xornada de presentación da LIGA MAKER DRONE
- Sesión de introdución á pilotaxe de drons
- Formación tecnolóxica
- Adestramento en voo
- Sesión online informativa sobre a competición
- Xornada de Exhibición
Si, a participación nas fases previas á Xornada de Exhibición é obrigatoria. A participación na Liga Maker Drone require o cumprimento de cada un dos compromisos que se detallan nas bases e no regulamento. Os equipos que non poidan acudir a algunha das sesións ou cumprir cos requisitos establecidos deberán poñerse en contacto coa Organización, podendo ser descualificados no caso de non existir causa xustificada.
A Organización propoñerá un tema que poida ser investigado desde diferentes puntos de vista, que resulte atractivo para os equipos e que supoña un reto social. Proposto o reto, a Organización impartirá unha formación tecnolóxica coa fin de dotar a cada equipo das nocións básicas para a preparación autónoma do reto. Rematada a formación, os equipos intentarán atopar a solución máis axeitada ao reto proposto. Entre os principais beneficios desta aprendizaxe baseada na proposta dun reto, salientan:
- Aprendizaxe activa con protagonismo do alumnado.
- Desenvolvemento de competencias sociais: implicación, cooperación e colaboración.
- Interaccións reais con axentes externos ao propio centro educativo.
- Procura de solucións, desenvolvendo a autonomía e a autoestima.
- Conexión co mundo real e coa comunidade.
- Aceptación dos erros e do fracaso como parte necesaria da aprendizaxe.
Os equipos contarán cun total de 6 meses, desde novembro ata maio, para a preparación da solución ao reto. A dedicación mínima será dunha hora por semana. Como en calquera deporte ou outra actividade extraescolar, canto máis tempo se inviste, mellores resultados se poden obter.
Na Xornada de Exhibición preséntanse as demostracións das solucións deseñadas por cada equipo. A Xornada de Exhibición, que congrega a máis dun millar de estudantes de toda Galicia, ten unha duración aproximada de 3 horas. Os equipos divídense en grupos para disputar de xeito simultáneo unha fase previa eliminatoria. Ao comezo da fase previa, os portavoces de cada equipo presentarán ao público o sistema dron deseñado para a resolución do reto. A presentación terá unha duración total de 1 minuto. Trala presentación das solucións, darán comezo as probas.O equipo gañador de cada rolda eliminatoria, segundo os criterios establecidos nas bases do reto, avanzará á seguinte rolda e así sucesivamente ata proclamarse campión da competición.
A competición desenvolverase en formato torneo e os equipos enfrontaranse para resolver o reto exposto conforme as normas e criterios de avaliación establecidos pola Organización. O equipo que obteña a mellor clasificación final será proclamado campión da liga MAKER DRONE. En caso de empate, o campión determinarase baseándose nos criterios técnicos estabelecidos nas bases do reto que se entregarán na Xornada de Presentación da Liga, así como no cumprimento dos calendarios de entrega do deseño preliminar e da solución final. Os sistemas dron tamén serán valorados por un xurado de expertos en innovación de recoñecido prestixio nos eidos académico e empresarial, baseándose nas seguintes categorías:
- Mellor deseño, baseándose na optimización do deseño segundo os requisitos técnicos especificados.
- Solución máis disrutiva, baseándose na creatividade e innovación.
- Destreza en voo, baseándose na destreza do piloto.
Mellor presentación, baseándose na claridade e creatividade na exposición da solución ao reto.
Si, a Xornada de Exhibición é un evento de gran expectación aberto a toda a comunidade educativa (corpo docente, compañeiros, familias, etc.) no que se comparten a aprendizaxe e o entusiasmo dos equipos e se vive o mundo da tecnoloxía de xeito lúdico e entretido. A Organización ofrecerá facilidades para o desprazamento á xornada.
A Organización entregará a todos os integrantes dos equipos un diploma de participación na LMD. O equipo que se proclame campión da competición obterá un trofeo e cada un dos seus membros recibirá unha medalla e un premio. Os membros dos equipos gañadores das categorías valoradas polo xurado de expertos recibirán unha medalla e un obsequio.
A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO
Organizadores
A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.


