#ligamakerdrone

Competición

Toda a información da edición 23/24
O RETO Edición 23/24

Esta edición propón o difícil reto de neutralizar niños de velutina situados a diferentes alturas de entre dous e dez metros mediante o desenvolvemento dun sistema dron. Trátase dun reto que afecta de xeito especial á comunidade galega, onde esta especie invasora causa importantes danos materiais e supón un grave perigo para as persoas.

Vídeo de presentación do reto 23/24
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS Edición 23/24

A Liga Maker Drone rematou un ano máis coa celebración da Xornada de Exhibición, unha emocionante final na que os participantes puxeron a proba, ante un público de máis de 1000 persoas, os sistemas dron que desenvolveron para resolver o reto desta edición.  

A xornada arrincou coa rolda eliminatoria, na que cada equipo competiu con outros dous centros para conseguir un pase directo á rolda de semifinais. Os dous equipos gañadores das semifinais enfrontáronse nunha final moi disputada, que terminou coa vitoria do IES Carlos Casares, de Vigo.

Un xerado de 7 expertos en tecnoloxía e innovación valorou tanto as solucións deseñadas como as habilidades dos membros de cada equipo e outorgou 4 premios adicionais. Aquí podes consultar os gañadores de todas as categorías desta edición.

Gañador da Liga Maker Drone 23/24

IES Carlos Casares (Vigo)

Mellor deseño de dron

CPR Plurilingüe Peñarredonda (A Coruña)

Solución máis disrutiva

CPR Plurilingüe Compañía de María (A Coruña)

Destreza en voo do dron

CPR Las Acacias (Vigo)

Mellor presentación

CPR Obradoiro (A Coruña)
DESCARGA O REGULAMENTO DA EDICIÓN 25/26 DOCUMENTO OFICIAL COMPLETO EN PDF
ESTE É O XURADO DA LIGA MAKER DRONE, INTEGRADO POR PROFESIONAIS DE DIFERENTES SECTORES RELACIONADOS COS DRONS Edición 23/24
Alejandro Fransoy Enxeñeiro superior de Sistemas en Boeing

Enxeñeiro en Telecomunicación pola Universidade de Zaragoza e Copenhague, especializado en sistemas de navegación por satélite e na xestión de proxectos de investigación e desenvolvemento. A súa paixón polos drons levouno a construír cuadricópteros FPV de seu e a obter licenza como piloto comercial. Actualmente traballa en proxectos de mobilidade aérea urbana en Boeing Aerospace Spain, desenvolvendo solucións técnicas para o desenvolvemento dun servizo de taxis aéreos que permita o movemento de persoas na cidade.

Francisco Olmedo Subdirector da conta ENAIRE e aeroportos en INECO

Enxeñeiro aeronáutico pola Universidade Politécnica de Madrid e diplomado en Dirección Xeral de Empresas polo IESE. Iniciou a súa carreira no Grupo Tecnobit, participando no desenvolvemento dun dos simuladores de voo do Exército do Aire. Foi xefe de proxecto do Plan de Voo Europeo e xefe de Sistemas CNS, división que posteriormente pasou a dirixir. Actualmente é responsable da conta ENAIRE e Aeroportos, xestionando clientes do talle de Aena, Iberia ou AEMET.

Óscar Lara Chief Operating Officer de Crisalion Mobility

Doutor en Enxeñaría Espacial e máster en Finanzas. Traballou na Estación Espacial Internacional durante 9 años como líder de operacións para a ESA e a NASA. Ademais, é cofundador de Theia Space, un dos primeiros proxectos de CubeSats en España, e foi director de Estratexia e Innovación en IberEspacio. Tamén é profesor na Escola de Negocios, Finanzas e Investimentos OMMA, pertencente á Universidade das Hespérides.

Gema Martín Presidenta da asociación Ellas Vuelan Alto

Desenvolveu a súa carreira en empresas como Aena, Thales e Babcock. Ten experiencia en navegación aérea, sistemas de ISR, sistemas non tripulados e servizos de emerxencia aérea. Actualmente é responsable comercial e de Desenvolvemento de Negocio de Orbital Critical Systems e preside a asociación Ellas Vuelan Alto. Participou en premios e programas como o Premio Thales «Orientación ao Cliente» ou os programas de mentorización do COAIE e de Ellas Vuelan Alto, entre outros.

Isabel Maestre Subdirectora de Prospectiva e Innovación de SENASA

Enxeñeira aeronáutica pola UPM, máster en Xestión Pública e coach. Traballou para Aena, foi a primeira directora da Axencia Estatal de Seguridade Aérea e dirixiu a Escola de Formación de Controladores Aéreos en SENASA, onde hoxe é subdirectora de Prospectiva e Innovación. Recibiu a Gran Cruz ao Mérito Aeronáutico e o Premio da Asociación Internacional de UAV pola súa contribución ao sector dos drons, entre outros recoñecementos, e é vicepresidenta de Ellas Vuelan Alto.

Jose Luis Gato Experto en Certificación e Aeronavegabilidade de Sistemas Remotamente Tripulados en Airbus Defence and Space

Desde hai máis de 15 anos traballa como enxeñeiro aeronáutico para Airbus Defence and Space no eido da certificación e aeronavegabilidade de sistemas non tripulados. Participa en diferentes programas de drons, tanto nacionais (LUCUS/CUI, SIRTAP…) como internacionais (European MALE RPAS, Zephyr…) e representa a Airbus en foros reguladores relacionados coa certificación de aeronaves non tripuladas. Considérase un entusiasta do deseño de drons, as solución alternativas e as novas tecnoloxías asociadas.

Pablo Cupeiro Bombeiro do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento no Concello da Coruña

Traballa como bombeiro no Concello da Coruña desde 2019, onde se encarga, entre outras tarefas, da eliminación e retirada de niños de avespa velutina. Entre 2014 e 2019, foi auxiliar de Protección Civil no Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Culleredo, encargándose tamén de eliminar e retirar este tipo de niños, así como de colocar trampas para reducir a poboación desta especie invasora.

MINIMIZAR ACCIDENTES LABORAIS EN TRABALLOS EN ALTURA: O RETO DOS PARTICIPANTES DA V LIGA MAKER DRONE 31/10/2025

A Coruña, 30 de outubro de 2025. A Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG presentaron esta mañá o reto ao que se terán que enfrontar os participantes da V Liga Maker Drone: deseñar e construír un sistema dron para levar a cabo tarefas de mantemento en altura que supoñen un risco para a vida das […]

Seguir lendo
O CPR MONTECASTELO GAÑA A IV LIGA MAKER DRONE DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O CENTRO TECNOLÓXICO ITG 23/05/2025

A Coruña, 22 maio de 2025. Deseñar, programar e voar un sistema sobre un dron para o transporte inmediato de medicinas a medios rurais ou de difícil acceso. Ese foi o reto que tiveron que superar os máis de 180 estudantes participantes da IV Liga Maker Drone, impulsada pola Fundación Barrié e polo centro tecnolóxico ITG. A […]

Seguir lendo
Presentación reto IV LMD
A IV Liga Maker Drone plantexa a estudantes de toda Galicia o reto de transportar medicinas mediante o desenvolvemento dun sistema dron 30/10/2024

A Coruña, 30 de outubro de 2024. Os 180 alumnos de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) seleccionados en toda Galicia para participar na IV Liga Maker Drone, coñeceron esta mañá o reto plantexado polos promotores desta iniciativa, Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG: o desenvolvemento dunha solución de dron que permite o transporte […]

Seguir lendo
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS! RECIBE ALERTAS DA LIGA MAKER DRONE

A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO

Organizadores

Fundación Barrié

A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

Instituto Tecnológico de Galicia

ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.

LIGA MAKER DRONE (C) 2022. | AVISO LEGAL | POLÍTICA DE COOKIES | POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Resumo de privacidade
Liga Maker Drone

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender as seccións da web que che resultan máis interesantes e útiles.

Cookies estritamente necesarias

As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardas as túas preferencias de axustes de cookies.

 

Cookies de terceiros

Esta web emprega Google Analytics para recompilar información anónima, como o número de visitantes do sitio ou as páxinas máis populares.

Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.