O reto da liga MAKER DRONE expón construír un sistema dron enfocado á solución dun problema social particular. Nesta edición, o reto consiste en lograr recoller un número de residuos mariños e depositalos nos seus correspondentes contedores a bordo dun barco simulado de 30 metros de eslora e 10 metros de alto.
A LIGA MAKER DRONE remata coa celebración dunha Xornada de Exhibición onde os equipos realizan as demostracións dos sistemas dron deseñados para resolver o reto tecnolóxico da edición.
Durante a Xornada de Exhibición, os equipos divídense en grupos para disputar de xeito simultáneo roldas eliminatorias nas que se enfrontarán nunha orde determinada e, tras cada rolda, o equipo gañador avanzará á seguinte. O equipo que consiga completar o reto no menor tempo posible proclamarase campión da LIGA MAKER DRONE. Os sistemas dron deseñados tamén serán valorados por un xurado experto en tecnoloxía e innovación, en base ás seguintes categorías:
GAÑADOR DA LIGA MAKER DRONE 22/23
CPR NUESTRA SRA. DEL CARMEN (BETANZOS)MELLOR DESEÑO DE DRON
OPTIMIZACIÓN NO DESEÑO.EQUIPO GAÑADOR: CPR DIVINA PASTORA (OURENSE)
SOLUCIÓN MÁIS DISRUPTIVA
CREATIVIDADE E INNOVACIÓN DA SOLUCIÓN.EQUIPO GAÑADOR: IES CARLOS CASARES (VIGO)
DESTREZA EN VOO DEL DRON
HABILIDADE EN PILOTAXE.EQUIPO GAÑADOR: IES DE AMES (AMES)
MELLOR PRESENTACIÓN
CALIDADE E CLARIDADE NA EXPOSICIÓN.EQUIPO GANADOR: CPR MONTESPIÑO (A CORUÑA)
Marcos Ortega
Coordinador do Nodo de Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña (UDC)
Iván Merino
Piloto de drons de carreiras profesional. Campión de España
Carlos Hernández
Director comercial e de Márketing de Telespazio Ibérica
Emiliano Bartolomé
Enxeñeiro superior de Sistemas en Boeing
Victoria González
Funcionaria de carreira do Corpo Especial Técnico de Especialistas en Telecomunicacións Aeronáuticas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
Chabela Buatas
Directora de Expodrónica
Raúl Tena
Director de Vendas Rexional de Airbus en España
Analía López Fidalgo
Coordinadora do Xurado da Liga Maker Drone Directora da División de Enxeñaría de Sensores e Sistemas Aéreos Non Tripulados do ITG Centro Tecnolóxico
REGULAMENTO
Todo o que cómpre saber sobre a Liga Maker Drone
Preguntas frecuentes
Tes algunha dúbida?
A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO
Organizadores
A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.



