1) Información sobre o Titular do Sitio Web
A titularidade do Sitio Web corresponde á Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa (no sucesivo Fundación Barrié), CIF: G 15027972 e domicilio en rúa Cantón Grande n.º 9, 15003 A Coruña, e ao ITG Centro Tecnolóxico, con sede en Rúa Cantón Grande 9, Planta 3 · CP 15190 · A Coruña e CIF: G-15305923 (ámbolos dous, no sucesivo, identificados como O TITULAR DA WEB).
Dentro da expresión “Sitio Web” compréndense -con carácter delimitativo pero non limitativo- os datos, textos, gráficos, imaxes, animacións, creacións musicais, vídeos, sons, debuxos, fotografías e outros incluídos no mesmo y, en xeral, todas as creacións expresadas por calquera medio ou soporte, tanxible ou intanxible, con independencia de que sexan susceptibles ou non de propiedade intelectual segundo o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual.
2) Obxecto do Sitio Web
O Sitio Web é un Website divulgativo cuxo obxectivo é informar sobre as actividades relacionadas coa LIGA MAKER DRONE.
3) Condicións de Acceso e Utilización do Sitio Web
O acceso a este Sitio Web é responsabilidade exclusiva do usuario e supón aceptar e coñecer as advertencias legais, condicións e termos de uso contidos nela. O usuario garante a autenticidade e veracidade de todos aqueles datos que comunique tanto ao encher os formularios de rexistro como en calquera outro momento posterior, sendo da súa responsabilidade actualizar a información subministrada, de tal xeito que reflicta a súa situación real. O usuario será responsable da inexactitude ou falta de veracidade da información achegada.
O usuario comprométese á correcta utilización do Sitio Web, os seus contidos e utilidades que se lle proporcionen segundo a lei e o presente aviso legal, quedando obrigado ao uso de todos os seus contidos para fins lícitos e non prohibidos, que non infrinxan a legalidade vixente e/ou poidan resultar lesivos dos dereitos lexítimos dos titulares do Sitio Web ou de calquera terceiro e/ou que poidan causar calquera dano ou prexuízo de xeito directo ou indirecto.
Prohíbese o uso dos contidos do Sitio Web para promocionar, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización do TITULAR DA WEB, así como remitir publicidade ou información valéndose dos servizos ou información que se poñen a disposición do usuario, independentemente de se a utilización é gratuíta ou non.
O usuario do Sitio Web poderá:
- Acceder de balde e sen necesidade de autorización previa aos contidos e servizos do sitio dispoñibles como tales, sen prexuízo das condicións técnicas, particulares ou a necesidade do previo rexistro respecto de servizos e contidos específicos segundo se determine nestas condicións xerais ou nas condicións particulares dos servizos.
- Utilizar os servizos e contidos dispoñibles para uso exclusivamente particular.
- Facer un uso correcto e lícito do sitio, de conformidade coa lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública.
En ningún caso o usuario poderá:
- Acceder ou utilizar os servizos e contidos do sitio para a comisión de accións ilícitas ou contrarias á lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública, con fins lesivos de dereitos e liberdades de terceiros ou que poidan prexudicar, danar ou impedir de calquera forma o acceso aos mesmos, en prexuízo de terceiros.
- Utilizar os servizos, total ou parcialmente, para promocionar, vender, contratar, divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen autorización previa e por escrito do TITULAR DA WEB .
- Introducir información no Sitio Web ou empregar os servizos existentes coa finalidade de atentar –directa ou indirectamente- contra os dereitos –e moi especialmente os dereitos fundamentais e liberdades públicas- de outros usuarios do Sitio Web; incitar ou promover a realización de actos delitivos, xenófobos, terroristas ou degradantes por razón de idade, sexo, relixión ou crenzas ou de carácter pornográfico, obsceno, violento ou que atenten contra a lei, a moral ou os bos costumes. A estes efectos, por información entenderase, con carácter delimitativo pero non limitativo: textos, gráficos, imaxes, vídeos, sons, debuxos, fotografías, datos, notas e outros.
- Realizar calquera acción que impida ou dificulte o acceso ao sitio polos usuarios, así como das hiperligazóns aos servizos e contidos ofrecidos polo TITULAR DA WEB ou por outros terceiros a través do Sitio Web.
- Empregar calquera tipo de virus informático, código, software, programa informático, equipo informático ou de telecomunicacións que poidan provocar danos ou alteracións non autorizadas dos contidos, programas ou sistemas accesibles a través dos servizos e contidos prestados no Sitio Web ou nos sistemas de información, arquivos e equipos informáticos dos usuarios dos mesmos ou o acceso non autorizado a calquera contido e/ou servizo do Sitio Web.
- Eliminar ou modificar de calquera modo os dispositivos de protección ou identificación que poidan conter os contidos aloxados no Sitio Web ou os símbolos que o TITULAR DA WEB ou os terceiros lexítimos titulares dos dereitos incorporen ás súas creacións obxecto de propiedade intelectual ou industrial existentes neste Sitio Web.
- Reproducir total ou parcialmente o presente Sitio Web noutros sitios web distintos; non poderá realizar enmarcados ao presente sitio ou aos sitios web accesibles a través del que oculten ou modifiquen –con carácter delimitativo pero non limitativo- contidos do TITULAR DA WEB ou de terceiros.
- Crear marcos dentro dun Sitio Web da súa responsabilidade ou propiedade que reproduzan a páxina principal e/ou as páxinas accesibles a través da mesma, correspondentes a este Sitio Web sen a previa autorización do TITULAR DA WEB .
- Realizar calquera acción que supoña a reprodución, distribución, copia, alugueiro, comunicación pública, transformación ou calquera outra acción similar que supoña a modificación ou alteración de todo ou parte dos contidos e servizos do sitio ou a explotación económica dos mesmos sen a autorización previa e por escrito do TITULAR DA WEB ou do terceiro propietario dos dereitos de propiedade intelectual e industrial que recaian sobre os servizos ou contidos do Sitio Web e a salvo do disposto nestas condicións xerais ou, no seu caso, condicións particulares que regulen o uso dun servizo e/ou contido existente no Sitio Web.
O TITULAR DA WEB resérvase os seguintes dereitos en relación coa xestión e administración do Sitio Web:
- Modificar as condicións de acceso ao Sitio Web, técnicas ou non, de forma unilateral e sen preaviso aos usuarios, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido destinado aos usuarios do Sitio Web.
- Estabelecer condicións particulares para o acceso a determinados servizos e/ou contidos.
- Limitar, excluír ou condicionar o acceso dos usuarios cando non se dean todas as garantías de utilización correcta do sitio polos mesmos segundo as obrigas e prohibicións asumidas polos mesmos.
- Finalizar a prestación dun servizo ou subministro dun contido, sen dereito a indemnización, cando a súa utilización polos usuarios se torne ilícita ou contraria ao estabelecido nas condicións que o regulan, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido destinado aos usuarios do Sitio Web.
- Modificar, suprimir ou actualizas todo ou parte dos contidos ou servizos ofrecidos a través do sitio, sen necesidade de preaviso, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido destinado aos usuarios do Sitio Web.
- Esixir a indemnización que puidese derivar polo uso indebido ou ilícito de todo ou parte dos servizos e contidos prestados a través do sitio.
No suposto de que calquera cláusula destas condicións xerais de uso do Sitio Web ou, no seu caso, condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido, resulte anulable ou nula, na súa totalidade ou en parte, esta nulidade ou anulabilidade non afectará á validez de outras cláusulas das mesmas, que permanecerán con plena eficacia e validez, agás se a parte que alega a súa nulidade ou anulabilidade probe que sen a cláusula que resultase nula ou anulable non poderán cumprirse os fins perseguidos polas presentes Condicións.
4) Dereitos de Propiedade Intelectual
O usuario obrígase a respectar os dereitos de propiedade intelectual do TITULAR DA WEB. O uso ou a concesión de acceso a este Sitio Web non comportan o outorgamento de dereito algún sobre as marcas, nomes comerciais ou calquera outro signo distintivo utilizado na mesma.
Quedan prohibidas as descargas deste Sitio Web para fins comerciais, polo que o usuario non poderá explotar, reproducir, distribuír, modificar, comunicar publicamente, ceder, transformar ou usar o contido deste Sitio Web con fins comerciais.
Así mesmo, en virtude do estabelecido neste Aviso Legal, queda prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos deste Sitio Web sen autorización expresa do autor e sen que poidan entenderse cedidos ao usuario polo acceso á mesma.
5) Contidos e materiais publicados polo usuario
O usuario comprométese a non introducir, almacenar ou difundir mediante este Sitio Web calquera contido que infrinxa dereitos de propiedade intelectual ou industrial, nin en xeral ningún contido respecto do que non ostenten, de conformidade coa lei, o dereito a poñelo a disposición de terceiros.
Neste sentido e dada a diversidade do material que se pode aloxar no Sitio Web, resulta imposible verificar a orixinalidade ou ausencia de dereitos de terceiros sobre os contidos subministrados polo usuario. Por este motivo, o TITULAR DA WEB limitarase a comprobar que os contidos non sexan contrarios ao espírito que inspira este Sitio Web.
O TITULAR DA WEB resérvase o dereito de poder modificar os contidos achegados polo usuario, a fin de adaptalos ás necesidades de formato editorial do Sitio Web.
O envío de contido por parte do usuario e a consecuente aceptación das presentes cláusulas implica a cesión ao TITULAR DA WEB, con carácter exclusivo, dos dereitos de explotación sobre o contido. O TITULAR DA WEB ostentará, con facultade de cesión a terceiros, durante o máximo tempo de protección estabelecido pola vixente Lei de Propiedade Intelectual e para a súa explotación en calquera país do mundo, todos os dereitos de explotación dos contidos remitidos polos usuarios. Por contido achegado polo usuario enténdese, con carácter delimitativo pero non limitativo: textos, gráficos, imaxes, vídeos, sons, debuxos, fotografías, datos, notas e outros.
O envío de contido por parte do usuario, así como a cesión de dereitos que se efectúa a favor do TITULAR DA WEB e o exercicio dos mesmos terá carácter gratuíto, de modo que o TITULAR DA WEB non se obriga ao abono de compensación ou cantidade algunha.
6) Protección de Datos de Carácter Persoal
O TITULAR DA WEB obrígase a cumprir a lexislación vixente en materia de protección de datos persoais contida na Lei Orgánica 15/1999 e no seu Regulamento de Desenvolvemento (Real Decreto 1720/2007) e demais normas que a complementen e desenvolvan.
O usuario que accede ao Sitio Web do TITULAR DA WEB non está obrigado a proporcionar información persoal para o uso do sitio; polo tanto, calquera comunicación de datos a tales efectos será porque o usuario voluntariamente decidiu unha navegación ou uso personalizado dos servizos.
Os datos de carácter persoal subministrados polo usuario nos formularios que encha serán tratados de forma automatizada e incorporados a ficheiros de datos persoais do TITULAR DA WEB . Os datos persoais serán exclusivamente utilizados para a fin exposta no formulario de recollida de datos.
En todo momento, o usuario poderá exercitar os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación de conformidade co estabelecido na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, a través do enderezo de correo electrónico: lopd@fbarrie.org.
7) Utilización de cookies
O TITULAR DA WEB resérvase o dereito de utilizar cookies (pequenos arquivos de texto almacenados no navegador do usuario) ou outras técnicas similares cando un usuario navega polas páxinas do Sitio Web. Estas cookies serán usadas polo TITULAR DA WEB para asegurar que o Sitio Web está a ser ben administrado e facilitar unha mellor navegación dentro do mesmo aos usuarios.
8) Exención e limitación de responsabilidade do TITULAR DA WEB
O TITULAR DA WEB queda exento de calquera tipo de responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza nos seguintes casos:
- Pola imposibilidade ou dificultades de conexión á rede de comunicacións a través da que resulta accesible este Sitio Web, independentemente da clase de conexión utilizada polo usuario.
- Pola interrupción, suspensión ou cancelación do acceso ao Sitio Web, así como por dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do sitio ou dos servizos e/ou contidos no mesmo, cando se deba (i) ben a interrupción do servizo por mantemento técnico da web, (ii) ben a unha causa allea ao ámbito de control do TITULAR DA WEB, malia que proveña directa ou indirectamente desta.
- O TITULAR DA WEB non asume ningunha responsabilidade respecto dos servizos e contidos nin pola dispoñibilidade e condicións, técnicas ou non, de acceso aos mesmos, que sexan ofrecidos por terceiros provedores de servizos, en especial respecto dos provedores de servizos da sociedade da información. Por provedores de servizos da sociedade da información entenderanse aquelas persoas físicas ou xurídicas que presten os seguintes servizos ao público: (i) transmisión por unha rede de comunicación de datos facilitados polo destinatario do servizo (ii) servizos de acceso á citada rede (iii) servizos de almacenamento ou aloxamento de datos (iv) subministro de contidos ou información (v) servizo de copia temporal dos datos solicitados polos usuarios (vi) facilitación de ligazóns a contidos ou instrumentos de busca.
- O TITULAR DA WEB en ningún momento asume responsabilidade polos danos o prexuízos que puidesen causar a información, contidos, produtos e servizos -con carácter delimitativo pero non limitativo- prestados, comunicados, aloxados, transmitidos, exhibidos ou ofertados por terceiros alleos ao TITULAR DA WEB a través dun sitio web ao que poda accederse mediante ligazón existente neste sitio.
- Da calidade e velocidade de acceso ao sitio e das condicións técnicas que debe reunir o usuario coa fin de poder acceder ao sitio e aos seus servizos e/ou contidos.
9) Lexislación Aplicable e Xurisdición
Estas Condicións Xerais de Uso do Sitio Web réxense pola lexislación española.
As partes, con expresa renuncia ao seu propio foro, sométense para a resolución de cantos litixios puidesen derivarse aos Xulgados e Tribunais de A Coruña.