O reto da liga MAKER DRONE expón construír un sistema dron enfocado á solución dun problema social particular. Na edición 2021-2022, o reto consistiu en deseñar, programar e voar un dron para axudar a combatir un incendio: recoller auga, transportala e acceder, desde o exterior, ó andar dun edificio no que haxa un incendio simulado para contribuir á súa extinción no menor tempo posible..
A LIGA MAKER DRONE remata coa celebración dunha Xornada de Exhibición onde os equipos realizan as demostracións dos sistemas dron deseñados para resolver o reto tecnolóxico da edición.
Durante a Xornada de Exhibición, os equipos divídense en grupos para disputar de xeito simultáneo roldas eliminatorias nas que se enfrontarán nunha orde determinada e, tras cada rolda, o equipo gañador avanzará á seguinte. O equipo que consiga completar o reto no menor tempo posible proclamarase campión da LIGA MAKER DRONE. Os sistemas dron deseñados tamén serán valorados por un xurado experto en tecnoloxía e innovación, en base ás seguintes categorías:
Gañador da Liga Maker Drone 21/22
CPR Santa María del Mar (A Coruña)Mellor diseño de dron
Equipo gañador: CPR Salesiano San Juan Bosco (A Coruña)Solución máis disrutiva
Equipo gañador: CPR Plurilingüe Montecastelo (Vigo)Destreza en voo do dron
Equipo gañador: CPR Nuestra Señora del Carmen (Betanzos)Mellor presentación
Equipo gañador: IES da Illa de Arousa (Illa de Arousa)
Marcos Ortega
Coordenador do Nodo de Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña (UDC)
Iván Merino
Piloto de drones de carreiras profesional. Campión de España.
Ignacio Vidal
Especialista en computación científica en Boeing
Livia Drusila Castro Jiménez
Xornalista especializada en drones. Responsable en Infodron.es
Juán Maceiras Artabe
Bombeiro. Asociación Sociocultural Bombeiros de Galicia
REGULAMENTO
Todo o que cómpre saber sobre a Liga Maker Drone
Preguntas frecuentes
Tes algunha dúbida?
A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO
Organizadores
A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.



