VER VÍDEO

LIGA MAKER DRONE

A Fundación Barrié e a Fundación Instituto Tecnológico de Galicia presentan a 1ª edición da LIGA MAKER DRONE, co fin de estimular o interese pola tecnoloxía entre o alumnado de terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria (3º de ESO) de Galicia.

Trátase da primeira competición de ámbito autonómico en España que presenta o reto de construír un sistema dron enfocado á solución dun problema social particular.

A través dunha experiencia participativa e estimulante, a LIGA MAKER DRONE persegue os seguintes obxectivos:

A través dunha experiencia participativa e estimulante, a LIGA MAKER DRONE persegue os seguintes obxectivos: converter os estudantes en actores activos das aplicacións tecnolóxicas; concienciar o alumnado acerca da relevancia da tecnoloxía; contribuír na orientación profesional do alumnado da ESO; espallar o coñecemento tecnolóxico de xeito amigable e, en definitiva, contribuír á educación científico-técnica da sociedade.

FUNDACIÓN BARRIÉ

A Fundación Barrié é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1966 polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza. O seu obxectivo é traballar ao servizo do desenvolvemento de Galicia, desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social. www.fundacionbarrie.org

INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA

Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) é Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxías diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sustentables. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnológicos (FEDIT), que representa 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente. www.itg.es

    Etiam magna arcu, ullamcorper ut pulvinar et, ornare sit amet ligula. Aliquam vitae bibendum lorem. Cras id dui lectus. Pellentesque nec felis tristique urna lacinia sollicitudin ac ac ex. Maecenas mattis faucibus condimentum. Curabitur imperdiet felis at est posuere bibendum. Sed quis nulla tellus.

    ADDRESS

    63739 street lorem ipsum City, Country

    PHONE

    +12 (0) 345 678 9

    EMAIL

    info@company.com