PRESENTACIÓN
Benvidos á LIGA MAKER DRONE, a primeira competición de ámbito autonómico en España que propón o reto de construír un sistema dron enfocado á solución dun problema social particular.
O obxectivo da LIGA MAKER DRONE é estimular o interese pola tecnoloxía entre o alumnado de terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria (3º de ESO) de Galicia.
A 1ª edición da LIGA MAKER DRONE contará coa participación de 18 equipos, integrados por 5-7 estudantes, acompañados polo seu profesor-titor de tecnoloxía.
A participación na LIGA MAKER DRONE supón unha dedicación estimada de 30 horas, distribuídas equitativamente entre actividade tutelada e traballo autónomo do equipo. Ao remate do curso celebrarase unha Xornada de Exhibición, na que os equipos realizarán as demostracións das solucións deseñadas ao reto proposto. As demostracións serán valoradas por un xurado consonte criterios como o peso, deseño, creatividade ou destreza na pilotaxe.
Esta actividade é gratuíta. A Organización fornecerá un kit dun dron a cada equipo, así como aqueles recursos necesarios para o desenvolvemento do reto.
PREINSCRICIÓN
A LIGA MAKER DRONE diríxese ao alumnado matriculado en 3º de ESO en calquera centro educativo de Galicia durante o curso 2021-22.
Os centros interesados en participar deben presentar a súa solicitude de preinscrición a través dun dos seus docentes, o cal actuará de coordinador do equipo e interlocutor coa Organización.
O prazo de preinscrición será desde as 12:00 h do 10 de xuño até as 12:00 h do 1 de outubro de 2021. Non se atenderán solicitudes de preinscrición posteriores á devandita data.
As prazas están limitadas a 18 equipos e existirá unha listaxe de reserva con 5 equipos. Unha vez pechado o prazo de preinscrición, as solicitudes entrarán nun proceso de selección.
SELECCIÓN
Unha vez pechado o prazo de preinscrición, a Organización valorará con imparcialidade e obxectividade todas as solicitudes recibidas de acordo cos seguintes criterios, entre outros:
A Organización notificará o resultado da selección a partir das 12:00 h do 15 de outubro de 2021 por correo electrónico a todos os solicitantes.
Os 18 centros seleccionados terán que confirmar a súa participación ou renuncia antes das 12:00 h do 20 de outubro de 2021. Transcorrido o prazo sen que o centro seleccionado confirme a súa participación, entenderase que renuncia á praza. Caso de se producir unha renuncia, a praza ofrecerase ao primeiro centro que figure na listaxe dos 5 centros de reserva e así sucesivamente.
EQUIPOS
Un equipo debe ter un mínimo de 5 e un máximo de 7 integrantes, acompañados de 2 suplentes e 1 coordinador (profesor-titor).
Os centros teñen liberdade de elixir, consonte os seus propios criterios, os integrantes do equipo e os suplentes, procurando fomentar unha representación equilibrada de alumnas e alumnos.
O coordinador (profesor-titor) deberá formalizar a inscrición definitiva dos integrantes do equipo e os suplentes antes do 15 de novembro de 2021.
COORDINADOR
O coordinador do equipo (profesor-titor) terá un rol activo no desenvolvemento das actividades e do traballo autónomo do equipo. Entre as súas principais funcións destacan:
RETO
O 19 de novembro de 2021, a Organización dará a coñecer o reto tecnolóxico da edición.
Co fin de dotar a cada equipo das nocións básicas para a preparación autónoma do reto, a Organización impartirá tres sesións de formación tecnolóxica, dunha hora de duración cada unha, sobre as seguintes temáticas:
Rematada a formación, os equipos traballarán de xeito autónomo no reto tecnolóxico proposto. A dedicación mínima á preparación do reto será dunha hora semanal durante aproximadamente 14 semanas. Durante esta fase, a Organización fará un seguimento, presencial e telemático, para resolver dúbidas, achegar recursos e validar as solucións construídas por cada equipo.
PREMIOS
En maio de 2022 celebrarase a Xornada de Exhibición, na que se presentarán as demostracións das solucións deseñadas por cada equipo.
As demostracións serán valoradas por un xurado especializado, segundo as seguintes categorías. Dentro de cada categoría, entregaranse os seguintes premios a cada un dos integrantes do equipo e mais ao profesor coordinador:
A Organización entregará un diploma acreditativo de participación a todos os centros educativos, así como unha medalla conmemorativa da 1ª edición da LIGA MAKER DRONE a todos os integrantes dos equipos gañadores.
Etiam magna arcu, ullamcorper ut pulvinar et, ornare sit amet ligula. Aliquam vitae bibendum lorem. Cras id dui lectus. Pellentesque nec felis tristique urna lacinia sollicitudin ac ac ex. Maecenas mattis faucibus condimentum. Curabitur imperdiet felis at est posuere bibendum. Sed quis nulla tellus.
63739 street lorem ipsum City, Country
+12 (0) 345 678 9
info@company.com