O RETO? Prazo aberto
A LIGA MAKER DRONE diríxese ao alumnado matriculado en 2º E.S.O. en calquera centro educativo de Galicia. A participación na LIGA MAKER DRONE é gratuíta e implica unha dedicación estimada de 50 horas, distribuídas entre formación tutelada e traballo autónomo do equipo.
Os centros interesados en participar deben presentar a súa solicitude de preinscrición a través dun dos seus docentes, que actuará de coordinador do equipo e interlocutor coa Organización. As prazas están limitadas a 18 equipos. Os equipos terán un mínimo de 7 e un máximo de 10 integrantes, distribuídos entre 6-8 titulares, 1 docente-coordinador e 1 mentor (opcional).
Unha vez pechado o prazo de preinscrición, as solicitudes entrarán nun proceso de selección. Para máis información, consultar o regulamento.
Preme no botón de preinscrición e serás redirixido á web de Fundación Barrié. Alí deberás encher o formulario e envialo de xeito telemático con toda a documentación precisa.
PreinscriciónREGULAMENTO
Todo o que cómpre saber sobre a Liga Maker Drone
Preguntas frecuentes
Tes algunha dúbida?
A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO
Organizadores
A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.


