Deseguido respondemos as preguntas máis frecuentes sobre a Liga Maker Drone.
Poden participar todos os alumnos matriculados durante o curso 2021/2022 en 3º de Educación Secundaria Obrigatoria en calquera centro educativo –público, concertado ou privado– de Galicia.
A preinscrición para participar na LIGA MAKER DRONE faise enchendo o formulario de solicitude dispoñible na páxina web da Liga Maker Drone.
Non. Para participaren cómpre que un educador do centro se encargue da preinscrición.
Pode, aínda que por mor da limitación de prazas se priorizará a participación do maior número de centros posible.
Unha vez pechado o prazo de preinscrición, a Organización valora con total imparcialidade e obxectividade as solicitudes recibidas consonte os seguintes criterios, entre outros:
Non, a inclusión nunha listaxe de reserva non garante a participación na Liga Maker Drone. Recorrerase á listaxe de reserva soamente por mor da renuncia dun equipo seleccionado previamente. Se un equipo seleccionado renunciase no prazo de 5 días naturais desde a notificación oficial, producirase o chamamento do primeiro equipo que apareza na listaxe de reserva, e así sucesivamente.
Debido ao elevado volume de solicitudes recibidas, a Organización non poderá atender as peticións de información individualizada sobre solicitudes desestimadas.
Os centros educativos teñen liberdade de elixir, consonte os seus propios criterios, os integrantes do equipo.
Un equipo debe ter un mínimo de 5 e un máximo de 7 integrantes, acompañados de 2 suplentes e 1 profesor (coordinador). O número de participantes é importante para levar a cabo as diferentes tarefas de xeito eficiente (deseño de estratexia, construción, programación e investigación). Un equipo con 7 integrantes xeralmente funciona ben.
Non. A Liga Maker Drone diríxese a estudantes con diferentes antecedentes e intereses académicos, non necesariamente predispostos ás ciencias, as matemáticas ou a tecnoloxía. O obxectivo é motivalos no exercicio das habilidades e principios básicos destas áreas.
A inscrición definitiva co nome dos integrantes do equipo e de 2 suplentes deberá formalizarse antes da celebración da xornada de presentación da Liga Maker Drone.
Cada equipo precisa:
O kit dron e o conxunto de recursos necesarios para desenvolver o reto serán facilitados de balde pola Organización.
Cómpre que cada equipo inscriba 2 suplentes, quen recibirán a mesma formación que os titulares, de xeito que poidan ocupar as vacantes que se produzan no equipo de forma inmediata e efectiva.
Caso de ser preciso facer algún cambio entre os integrantes do equipo ou os suplentes, deberase notificar a Organización antes da data de inicio da formación tecnolóxica nos centros. A partir dese momento só será posible substituír os integrantes do equipo polos suplentes que figuren no rexistro.
O coordinador do equipo debe ser profesor-titor da materia de tecnoloxía ou similar (robótica, programación, etc.).
Esta actividade supón unha dedicación estimada dunhas 30 horas, distribuídas equitativamente entre actividade tutelada e traballo autónomo do equipo. O grao de implicación na supervisión e axuda aos seus alumnos na preparación do reto será decisión de cada educador.
Unicamente en casos debidamente xustificados e coa autorización previa da Organización, poderá delegar as súas funcións noutro membro do equipo docente.
Un educador pode coordinar máis dun equipo, pero o día da Xornada de Exhibición cada equipo deberá ter un responsable, polo que, ademais do coordinador, os equipos poden ter un auxiliar que os acompañe na Xornada.
Existen. A Organización poñerá ao dispor dos equipos os recursos precisos para o desenvolvemento do reto. Así mesmo, fará un seguimento do traballo na aula, tanto presencial como telemático, para dar apoio e atender as dúbidas dos equipos.
Os centros participantes deben facilitar as súas instalacións para realizar as xornadas previas á preparación do reto. O espazo requirido dependerá da tipoloxía da actividade e pode ser preciso o uso da aula de tecnoloxía –ou similar– ou dun espazo tipo pavillón deportivo cuberto.
Os centros participantes deben contar con medios para apoiar as explicacións, como un encerado (dixital ou tradicional), así como medios para realizar proxeccións audiovisuais e conexión a Internet.
A Organización fornecerá un kit dun dron a cada equipo participante, así como aqueles recursos necesarios para o desenvolvemento do reto.
Enviaremos aos equipos o kit dron algúns días antes da preparación do reto, após completaren a formación tecnolóxica.
Non, o manexo do kit dron ou dos materiais debe facerse dentro do recinto escolar. Os equipos deben estar acompañados en todo momento polo coordinador que conste na solicitude.
Si, a Organización proporciona asistencia técnica telefónica e vía correo electrónico.
A LIGA MAKER DRONE consta de 5 fases:
É. A participación nas xornadas previas á preparación do reto é obrigatoria.
Unha vez formalizada a inscrición definitiva dos equipos e os suplentes, a Organización exporá un tema que poida ser investigado desde diferentes puntos de vista, que resulte atractivo para os equipos e que supoña un reto social. Unha vez presentado o reto, a Organización impartirá unha formación tecnolóxica, co fin de dotar a cada equipo das nocións básicas para a preparación autónoma do reto. Ao remate da formación, os equipos tentarán buscar a solución máis axeitada ao reto exposto. Entre os principais beneficios desta aprendizaxe baseada na formulación dun reto destacan:
Os equipos contarán cun total de 14 semanas, desde febreiro até maio, para a preparación do reto. A dedicación mínima será dunha hora á semana. Como en calquera deporte ou outra actividade extraescolar, canto máis tempo se invista mellores resultados se poden obter.
En maio de 2022 celebrarase a Xornada de Exhibición, na que se presentarán as demostracións das solucións deseñadas por cada equipo. A Organización comunicará con antelación abonda a data e o lugar de celebración da Xornada de Exhibición. Os centros educativos poderán ofrecer as súas instalacións como sede. Esas ofertas serán valoradas segundo a necesidade.
Poden. A Organización notificará con antelación abonda o número de acompañantes por cada equipo. No recinto haberá unha zona para os espectadores, onde poden ver a competición.
Dentro de cada categoría, entregaranse os seguintes premios a cada un dos integrantes do equipo e ao profesor coordinador: O premio ao equipo gañador da competición consistirá nun kit dron. O premio aos integrantes dos equipos gañadores do resto das categorías consistirá nun kit de programación. Ademais, os centros educativos aos que pertenzan os equipos gañadores recibirán un diploma acreditativo como gañadores.
As demostracións serán valoradas por un xurado especializado, segundo as seguintes categorías:
Por último, existirá un premio especial do público na categoría:
Etiam magna arcu, ullamcorper ut pulvinar et, ornare sit amet ligula. Aliquam vitae bibendum lorem. Cras id dui lectus. Pellentesque nec felis tristique urna lacinia sollicitudin ac ac ex. Maecenas mattis faucibus condimentum. Curabitur imperdiet felis at est posuere bibendum. Sed quis nulla tellus.
63739 street lorem ipsum City, Country
+12 (0) 345 678 9
info@company.com