#ligamakerdrone

MULTIMEDIA

OS MELLORES MOMENTOS DA LIGA MAKER DRONE 23/24
DESCARGA O REGULAMENTO DA EDICIÓN 24/25 DOCUMENTO OFICIAL COMPLETO EN PDF
O IES Carlos Casares, de Vigo, gaña a 3ª Liga Maker Drone da Fundación Barrié e o Centro Tecnolóxico ITG 16/05/2024

A Coruña, 16 maio de 2024. Deseñar, programar e voar un sistema sobre un dron para neutralizar niños de velutina. Ese foi o reto que tiveron que superar os máis de 170 estudantes participantes (un 50% deles, rapazas) da 3ª LIGA MAKER DRONE, impulsada pola Fundación Barrié e o Centro Tecnolóxico de Galicia (ITG), cuxa xornada […]

Seguir lendo
170 escolares de toda Galicia competirán na Gran Final da 3ª Liga Maker Drone da Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG 09/05/2024

A Coruña, 30 abril de 2024. O vindeiro xoves, 16 de maio, terá lugar no Coliseum da Coruña a gran final da 3ª LIGA MAKER DRONE, impulsada pola Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG a fin de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as novas xeracións. 170 estudantes de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) […]

Seguir lendo
A 3ª LIGA MAKER DRONE propón a estudantes de toda Galicia o reto de neutralizar niños de velutina mediante o desenvolvemento dun sistema dron 27/10/2023

A Coruña, 27 de outubro de 2023.- Os 180 alumnos de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) seleccionados en toda Galicia para participar na 3ª LIGA MAKER DRONE coñeceron esta mañá o reto proposto polos promotores desta iniciativa, a Fundación Barrié e o ITG Centro Tecnolóxico(ITG): neutralizar niños de velutina (ficticios) mediante o lanzamento […]

Seguir lendo
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS! RECIBE ALERTAS DA LIGA MAKER DRONE

A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO

Organizadores

Fundación Barrié

A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

Instituto Tecnológico de Galicia

O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.

LIGA MAKER DRONE (C) 2022. | AVISO LEGAL | POLÍTICA DE COOKIES | POLÍTICA DE PRIVACIDADE