XORNADAS DE INTRODUCIÓN AOS DRONS
Ao comezo do calendario escolar realízase unha xornada de introdución aos drons dirixida á totalidade do alumnado de 3º de ESO dos centros participantes.
Esta xornada, cuxo obxectivo é dotar os asistentes dos coñecementos teórico-prácticos necesarios para participaren na LIGA MAKER DRONE, estrutúrase en dúas partes: unha formación teórica, en formato charla, sobre a normativa e as aplicacións dos drons, que se completa cunha formación práctica, a través dunha serie de obradoiros de pilotaxe de drons aéreos e terrestres; creación de compoñentes por impresión 3D; e demostracións sobre mecánica e sensores.