FORMACIÓN TECNOLÓXICA: SESIÓN 3
A Organización impartirá unha formación tecnolóxica de tres sesións, co fin de dotar a cada equipo das nocións básicas para a preparación autónoma do reto. A terceira sesión, dunha hora de duración, impartirase na semana do 17 de xaneiro e versará sobre o funcionamento de mecanismos: engrenaxes, poleas, indicadores, sensores, etc.
A formación é obrigatoria para todos os integrantes dos equipos, os coordinadores e os suplentes.
Os centros participantes porán a disposición as súas instalacións para levar a cabo a formación, que pola súa tipoloxía cumprirá facer na aula de tecnoloxía ou similar, e fornecerán á Organización os medios necesarios para apoiar as formacións.