Os 18 centros seleccionados para participar na VI Liga Maker Drone proveñen das catro provincias galegas. Da provincia de Pontevedra participan o CPR Compañía de María e o CPR Rosalía de Castro, de Vigo; o CPR Ángel de la Guarda, de Nigrán; e o CPR Eduardo Pondal, de Cangas.
Os centros que participan da provincia de Lugo son catro: CPI de Castroverde, de Castroverde; CPI Dr. López Suárez, do Saviñao; CPR Divina Pastora, de Lugo; e IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos. De Ourense, doutra banda, participan o CPR Franciscanas, o CPR María Auxiliadora – Salesianos e o CPR Santa María – Maristas.
Por último, da provincia da Coruña van participar sete centros: CPR Compañía de María, CPR Peñarredonda e IES de Elviña, da Coruña; CPR Montespiño, de Culleredo; CPR San José de Cluny, de Santiago de Compostela; IES de Ortigueira, de Ortigueira; e IES Isaac Díaz Pardo, de Sada.
Equipos participantes edición 26/27
Estos son os 18 centros participantes seleccionados das catro provincias galegasCPI de Castroverde
CastroverdeCPI Dr. López Suárez
O SaviñaoCPR Ángel de la Guarda
NigránCPR Compañía de María
A CoruñaCPR Compañía de María
VigoCPR Divina Pastora
LugoCPR Eduardo Pondal
CangasCPR Franciscanas
OurenseCPR María Auxiliadora Salesianos
OurenseCPR Montespiño
CulleredoCPR Peñarredonda
A CoruñaCPR Rosalía de Castro
VigoCPR San José de Cluny
Santiago de CompostelaCPR Santa María Maristas
OurenseIES de Elviña
A CoruñaIES de Ortigueira
OrtigueiraIES Francisco Daviña Rey
Monforte de LemosIES Isaac Díaz Pardo
SadaREGULAMENTO
Todo o que cómpre saber sobre a Liga Maker Drone
Preguntas frecuentes
Tes algunha dúbida?
A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO
Organizadores
A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.

