Os 18 centros seleccionados para participar na V Liga Maker Drone proveñen das catro provincias galegas. Da provincia de Pontevedra participan o CPR Las Acacias, CPR Montecastelo e IES Carlos Casares, de Vigo; o CPR Ángel de la Guarda, de Nigrán; o CPR Eduardo Pondal, de Cangas; e o IES da Illa de Arousa.
Os centros que participan da provincia de Lugo son tres: IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz; IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos; e o CPI Castroverde. De Ourense, doutra banda, participan o CPR Santa María – Maristas, o CPR Divina Pastora e CPR María Auxiliadora – Salesianos.
Por último, da provincia da Coruña van participar seis centros: CPR San José de Cluny, de Santiago de Compostela; IES Fin do Camiño, de Fisterra; CPR Montespiño, de Culleredo; CPR Cristo Rey, da Coruña; EFAG Fonteboa, de Coristanco; e IES Isaac Díaz Pardo, de Sada.
Equipos participantes edición 25/26
Estos son os 18 centros participantes seleccionados das catro provincias galegasCPI Castroverde
CastroverdeCPR Ángel de la Guarda
NigránCPR Divina Pastora
OurenseCPR Eduardo Pondal
CangasCPR Las Acacias
VigoCPR María Auxiliadora Salesianos
OurenseCPR Maristas Cristo Rey
A CoruñaCPR Montecastelo
VigoCPR Montespiño
CulleredoCPR San José de Cluny
Santiago de CompostelaCPR Santa María Maristas
OurenseEFAG Fonteboa
CoristancoIES Carlos Casares
VigoIES da Illa de Arousa
Illa de ArousaIES Fin do Camiño
FisterraIES Francisco Daviña Rey
Monforte de LemosIES Isaac Díaz Pardo
SadaIES Poeta Díaz Castro
GuitirizREGULAMENTO
Todo o que cómpre saber sobre a Liga Maker Drone
Preguntas frecuentes
Tes algunha dúbida?
A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO
Organizadores
A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.


