#ligamakerdrone

Equipos participantes 24/25

18 centros de ensino de toda Galicia
Edición 24/25 Todo preparado?

Os 18 equipos que participan nesta edición repártense polas catro provincias galegas. Participarán oito centros da provincia da Coruña: CPR Liceo La Paz, da Coruña; CPR San José de Cluny, Santiago de Compostela; IES Fin do Camiño, de Fisterra; IES Eduardo Blanco Amor, de Culleredo; CPR Peñarredonda, da Coruña; CPR Obradoiro, da Coruña; CPR Nuestra Sra del Carmen, de Betanzos e CPR Compañía de María, da Coruña.

Os centros participantes na provincia de Lugo son tres: o IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz; IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos, e IES Ánxel Fole, de Lugo. Dende Ourense, pola súa banda, o CPR Santa María, Maristas repite participación e súmase o CPR Santo Ángel. Por último, participan cinco centros da provincia de Pontevedra: CPR Las Acacias; CPR Montecastelo; e o IES Carlos Casares, de Vigo; IES Manuel García Barros, da Estrada; e o CPR Eduardo Pondal, de Cangas.

Equipos participantes edición 24/25

Estes son os 18 centros participantes seleccionados das catro provincias galegas

CPR Compañía de María

A Coruña

CPR Eduardo Pondal

Cangas

CPR Las Acacias

Vigo

CPR Liceo La Paz

A Coruña

CPR Montecastelo

Vigo

CPR Nuestra Sra. del Carmen

Betanzos

CPR Obradoiro

A Coruña

CPR Peñarredonda

A Coruña

CPR San José de Cluny

Santiago de Compostela

CPR Santa María Maristas

Ourense

CPR Santo Ángel

Ourense

IES Ánxel Fole

Lugo

IES Carlos Casares

Vigo

IES Eduardo Blanco Amor

Culleredo

IES Fin do Camiño

Fisterra

IES Francisco Daviña Rey

Monforte de Lemos

IES Manuel García Barros

A Estrada

IES Poeta Díaz Castro

Guitiriz
DESCARGA O REGULAMENTO DA EDICIÓN 24/25 DOCUMENTO OFICIAL COMPLETO EN PDF
Presentación reto IV LMD
A IV Liga Maker Drone plantexa a estudantes de toda Galicia o reto de transportar medicinas mediante o desenvolvemento dun sistema dron 30/10/2024

A Coruña, 30 de outubro de 2024. Os 180 alumnos de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) seleccionados en toda Galicia para participar na IV Liga Maker Drone, coñeceron esta mañá o reto plantexado polos promotores desta iniciativa, Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG: o desenvolvemento dunha solución de dron que permite o transporte […]

Seguir lendo
O IES Carlos Casares, de Vigo, gaña a 3ª Liga Maker Drone da Fundación Barrié e o Centro Tecnolóxico ITG 16/05/2024

A Coruña, 16 maio de 2024. Deseñar, programar e voar un sistema sobre un dron para neutralizar niños de velutina. Ese foi o reto que tiveron que superar os máis de 170 estudantes participantes (un 50% deles, rapazas) da 3ª LIGA MAKER DRONE, impulsada pola Fundación Barrié e o Centro Tecnolóxico de Galicia (ITG), cuxa xornada […]

Seguir lendo
170 escolares de toda Galicia competirán na Gran Final da 3ª Liga Maker Drone da Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG 09/05/2024

A Coruña, 30 abril de 2024. O vindeiro xoves, 16 de maio, terá lugar no Coliseum da Coruña a gran final da 3ª LIGA MAKER DRONE, impulsada pola Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG a fin de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as novas xeracións. 170 estudantes de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) […]

Seguir lendo
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS! RECIBE ALERTAS DA LIGA MAKER DRONE

A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO

Organizadores

Fundación Barrié

A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

Instituto Tecnológico de Galicia

O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.

LIGA MAKER DRONE (C) 2022. | AVISO LEGAL | POLÍTICA DE COOKIES | POLÍTICA DE PRIVACIDADE