#ligamakerdrone

Competición

O reto e os premios
para a edición 22/23
Xornada de exhibición Final 05/05/23

A LIGA MAKER DRONE remata coa celebración dunha Xornada de Exhibición onde os equipos realizan as demostracións dos sistemas dron deseñados para resolver o reto tecnolóxico da edición.

QUEREDES COÑECER O RETO?

Publicación do reto: 4 de novembro de 2022, 15:00 horas
Premios e recoñecementos Edición 22/23

Durante a Xornada de Exhibición, os equipos divídense en grupos para disputar de xeito simultáneo roldas eliminatorias nas que se enfrontarán nunha orde determinada e, tras cada rolda, o equipo gañador avanzará á seguinte. O equipo que consiga completar o reto no menor tempo posible proclamarase campión da LIGA MAKER DRONE. Os sistemas dron deseñados tamén serán valorados por un xurado experto en tecnoloxía e innovación, en base ás seguintes categorías:

MELLOR DESEÑO

OPTIMIZACIÓN NO DESEÑO

SOLUCIÓN MÁIS DISRUTIVA

CREATIVIDADE E INNOVACIÓN DA SOLUCIÓN

MELLOR PRESENTACIÓN

CALIDADE E CLARIDADE NA EXPOSICIÓN

DESTREZA EN VOO

HABILIDADE EN PILOTAXE

O reto da edición 21/22

Vídeo resumo do reto da pasada edición
PREINSCRICIÓN DE EQUIPOS ABERTA! ESTUDANTES DE 2º ESO DE CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA
130 ESCOLARES DE GALICIA PARTICIPAN NA 1ª LIGA MAKER DRONE DA FUNDACIÓN BARRIÉ E DO INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA 19/11/2021

Terán que resolver o reto de deseñar e programar un dron para axudar a combater incendios. A Coruña, 19 de novembro de 2021. A Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) reuniron esta mañá a preto de 130 estudantes de terceiro de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dos 18 centros escolares de Galicia que […]

Seguir leyendo
A FUNDACIÓN BARRIÉ E O INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA PRESENTAN A 1ª EDICIÓN DA LIGA MAKER DRONE CO OBXECTIVO DE ESTIMULAR O INTERESE POLA TECNOLOXÍA ENTRE O ALUMNADO DE TERCEIRO CURSO DE ENSINO SECUNDARIO OBLIGATORIO (3º ESO) DE GALICIA 10/06/2021

Trátase da primeira competición a nivel autonómico en España que propón o reto de construír un sistema dron enfocado á solución dun problema social particular. O prazo de preinscrición: 10 de xuño – 1 de outubro de 2021. A Coruña, 10 de xuño de 2021. José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié, e Carlos […]

Seguir leyendo
O COLEXIO SANTA MARÍA DEL MAR DE A CORUÑA GAÑA A 1ª LIGA MAKER DRONE DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA 20/05/2021

Foi o centro que mellor resolveu o reto de deseñar, programar e voar un dron para axudar a combater un incendio. Na competición participaron 18 centros de toda Galicia. A Coruña, 20 maio de 2022.  Deseñar, programar e voar un dron para axudar a apagar un incendio nun edificio. Ese foi o reto que tiveron […]

Seguir leyendo
PRETO DE DOUSCENTOS ESCOLARES ENFRONTARANSE AO RETO DE APAGAR UN INCENDIO CUN DRON DESEÑADO, PROGRAMADO E PILOTADO POR ELES 10/05/2021

A 1ª Liga Maker Drone, promovida pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia, é o primeiro reto educativo e tecnolóxico destas características en España. Esta ambiciosa iniciativa procura promover as vocacións e capacidades STEM entre a mocidade  A Coruña, 10 de maio de 2022. A Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia […]

Seguir leyendo
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS! RECIBE ALERTAS DA LIGA MAKER DRONE

A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA

Organizadores

A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social. www.fundacionbarrie.org

O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente. www.itg.es

LIGA MAKER DRONE (C) 2022. | AVISO LEGAL | POLÍTICA DE COOKIES | POLÍTICA DE PRIVACIDADE