Na V Liga Maker Drone, os participantes enfróntanse ao reto de construír un dron para levar a cabo reparacións en altura e evitar así situacións que poñen en risco a vida das persoas. Esta edición pon o foco sobre unha problemática social con grande impacto: os accidentes laborais por caídas de altura, que ascenderon a máis de 27 000 en 2024 só en España.
Guillermo Carracedo
Surfeiro profesional, médico e creador de contido
Un dos referentes internacionais do paddle surf, foi campión de España, de Europa e do mundo coa selección nacional no mundial Isa 2025. Graduado en Medicina, compaxina a súa carreira deportiva coa creación de contido en redes sociais, onde reúne a unha comunidade de máis de cinco millóns de seguidores.
Nicolás Torralba
Responsable de Tecnoloxías e Innovación para España en Airbus Helicopters
Cunha salientable traxectoria internacional en enxeñaría, vendas e dixitalización, lidera a estratexia tecnolóxica de Airbus Helicopters en España para impulsar o ecosistema nacional de aeronaves de á rotatoria, tanto tripuladas como non tripuladas.
Alberto Gaspar
Responsable de Tecnoloxía da División de Drons en AESA
Enxeñeiro aeronáutico e mestrado en Xestión de Proxectos Tecnolóxicos, actualmente é responsable de Tecnoloxía na división de UAS de AESA. A súa carreira está enfocada na aeronavegabilidade de aeronaves non tripuladas e drons autónomos, participando activamente en grupos internacionais neste eido.
Alberto Gómez
Sarxento 1º da Oficina de Seguridade Física da Armada
Especializado en seguridade e protección, ao longo da súa carreira serviu en compañías de fusís e como xefe de equipos operativos de seguridade e loita contra a pirataría. Actualmente está destinado na Oficina de Seguridade Física da Armada, órgano asesor do xeneral xefe da Forza de Protección da Armada.
Elisa Heras
SVP de Next Generation Mobility en Iridium
Lidera a área de mobilidade de nova xeración en Iridium, apostando por solucións innovadoras e sostibles como os drons e a mobilidade aérea avanzada. Participou na licitación de proxectos internacionais e dirixiu varias sociedades concesionarias, o que lle permitiu coñecer o sector desde distintas perspectivas.
Gustavo Álvarez
Coordinador de S.I. da Dirección Xeral de Defensa do Monte na Xunta de Galicia
Con máis de 25 anos de experiencia no sector TIC, é responsable do deseño funcional e implantación de XeoCode, a aplicación de xestión de incendios forestais en Galicia. Colabora con ITG nun proxecto para dotar a Galicia de 3 UAV DroneSafeBox, con 8 motores e a última tecnoloxía en prevención e defensa contra incendios forestais.
César Nava
Project Manager en AENA
Lidera iniciativas de I+D en AENA e apoia a implementación dos plans estratéxicos de innovación da compañía. Participou en numerosos proxectos aeroportuarios nacionais e internacionais e é responsable dun equipo que participa nos proxectos EUREKA e OPERA, centrados no desenvolvemento de solucións para a integración de vertiportos en contornas aeroportuarias.
REGULAMENTO
Todo o que cómpre saber sobre a Liga Maker Drone
Preguntas frecuentes
Tes algunha dúbida?
A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO
Organizadores
A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.



