Esta edición expón o reto de transportar medicamentos a centros de saúde situados en zonas rurais ou afastadas. Trátase dun reto que afecta especialmente á comunidade galega pola elevada dispersión xeográfica das súas zonas rurais. Na vida real, os drons xa se están probando como unha alternativa aos métodos de transporte tradicionais.
REGULAMENTO
Todo o que cómpre saber sobre a Liga Maker Drone
Preguntas frecuentes
Tes algunha dúbida?
A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O ITG CENTRO TECNOLÓXICO
OrganizadoresA Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.
O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.