#ligamakerdrone

QUE É A LIGA MAKER DRONE?

Para estudantes de 2º de ESO

A Fundación Barrié e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia presentan a LIGA MAKER DRONE, unha competición pioneira en España que ten como finalidade estimular a creatividade e o interese pola tecnoloxía entre a mocidade galega.

A LIGA MAKER DRONE celébrase anualmente entre o mes de outubro e principios do mes de maio do ano seguinte. Nesta edición, 18 equipos integrados por estudantes de 2º ESO enfrontaranse ao reto de deseñar, programar e voar un dron capaz de resolver un problema social no menor tempo posible e co maior grao de eficacia. A Organización facilita os sistemas dron, así como a formación e orientación necesarias para construír e pilotar a solución tecnolóxica ao reto da edición.

A tecnoloxía de drons está a revolucionar o xeito de resolver moitos problemas sociais e medioambientais da nosa sociedade. Queres formar parte desta revolución?

Descarga as bases da edición 23/24 LIGA MAKER DRONE

DETALLES DA COMPETICIÓN

Xornada de exhibición

A LIGA MAKER DRONE remata coa celebración da Xornada de Exhibición, un evento de balde e aberto a toda a comunidade educativa onde os equipos poñerán a proba a súa creatividade, enxeño e capacidade para traballar en equipo.

Durante a Xornada de Exhibición, os portavoces de cada equipo presentarán ao público o sistema dron deseñado para a resolución do reto. Ao rematar, darán comezo as probas. Os equipos dividiranse en grupos para disputar de xeito simultáneo roldas eliminatorias. O equipo que consiga completar o reto no menor tempo posible avanzará á seguinte rolda e así sucesivamente, ata proclamarse campión da LIGA MAKER DRONE. As solucións tamén serán valoradas por un xurado especializado de expertos en tecnoloxía e innovación que premiará o mellor deseño, a solución máis disrutiva, a mellor pilotaxe e a mellor presentación.

A Xornada de Exhibición é o broche de ouro da LIGA MAKER DRONE, na que se comparte a aprendizaxe e o entusiasmo dos equipos e se vive o mundo da tecnoloxía de xeito lúdico e entretido.

A 3ª LIGA MAKER DRONE propón a estudantes de toda Galicia o reto de neutralizar niños de velutina mediante o desenvolvemento dun sistema dron 27/10/2023

A Coruña, 27 de outubro de 2023.- Os 180 alumnos de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) seleccionados en toda Galicia para participar na 3ª LIGA MAKER DRONE coñeceron esta mañá o reto proposto polos promotores desta iniciativa, a Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG): neutralizar niños de velutina (ficticios) mediante […]

Seguir lendo
CPR Nuestra Sra. Del Carmen, de Betanzos, ganador de la Liga Maker Drone edición 22/23
O CPR Nuestra Sra. Del Carmen gaña a 2ª Liga Maker Drone da Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia 08/05/2023

A Coruña, 5 maio de 2023. Deseñar, programar e voar un sistema sobre un dron para axudar a limpar os océanos. Ese foi o reto que tiveron que superar os preto de 180 estudantes participantes (un 50 % de rapazas e un 50 % de rapaces) da 2ª LIGA MAKER DRONE, impulsada pola Fundación Barrié e a […]

Seguir lendo
180 escolares de toda Galicia competirán na Gran Final da 2ª Liga Maker Droneda Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia  26/04/2023

A Coruña, 26 abril de 2023.  O vindeiro 5 de maio terá lugar no Coliseum de A Coruña a gran final da 2ª LIGA MAKER DRON, impulsada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) co fin de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as novas xeracións. 180 estudantes de segundo de Educación Secundaria […]

Seguir lendo
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS! RECIBE ALERTAS DA LIGA MAKER DRONE

A LIGA MAKER DRONE É UN PROXECTO DA FUNDACIÓN BARRIÉ E O INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA

Organizadores

A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial constituída polo empresario e mecenas Pedro Barrié de la Maza coa misión de contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia desde unha perspectiva global, labor que leva a cabo con raíces galegas e alcance nacional e internacional nos eidos da educación, a investigación, a cultura e o patrimonio e a acción social.

O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) é un Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en I+D e tecnoloxía diferenciais para a Industria 4.0, sistemas aéreos non tripulados, enerxía intelixente e cidades sostibles. Constituído en 1991 como fundación privada sen ánimo de lucro, o seu director xeral preside a Federación Española de Centros Tecnolóxicos (FEDIT), que representa a 35 centros, 3.950 empregados e 21.000 empresas cliente.

LIGA MAKER DRONE (C) 2022. | AVISO LEGAL | POLÍTICA DE COOKIES | POLÍTICA DE PRIVACIDADE